Daniel Montero faise co V Premio Castelao de BD

José e Ramón Trigo quedaron finalistas no certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Sen mirar atrás é o título da obra coa de Daniel Montero obtivo os 6.500 euros do Premio Castelao de Banda Deseñada na súa quinta edición. O xurado, composto por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e Carlos Portela, seleccionou a obra entre as oito presentadas, sinalando a boa construción da narración e o axeitado tratamento gráfico que o autor lle deu á historia. Canda a Montero, resultaron finalistas no galardón José e Ramón Trigo, coa obra Kartoffel.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ramón Trigo, Carlos Portela, Miguelanxo Prado...