Os irmáns Trigo publican a BD histórica Kartoffel

A obra narra a presenza alemá en Vigo durante a II Guerra Mundial

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Os irmáns Trigo publican a BD histórica Kartoffel

Xosé e Ramón Trigo, ao guión e aos debuxos respectivamente, acaban de publicar Kartoffel, a súa última novela gráfica. O proxecto, que se fai realidade logo de conseguir o pasado mes de marzo máis de 4.000 euros nunha campaña de crowdfunding, aborda a presenza alemá en Vigo durante a II Guerra Mundial. Espionaxe, submarinos e comercio de wolframio atópanse nunha obra que sae á venda en galego e en castelán e que inclúe entre as súas páxinas con diferentes documentos históricos e fotografías que dan testemuña da actividade do exército e da diplomacia alemá da época no noso país. Unha primeira versión da obra, co título Lobada fora publicada en 2016 polo selo Caleidoscopio logo quedar finalista no Premio Castelao de Banda Deseñada dous anos antes.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con II Guerra Mundial, Vigo, Ramón Trigo, Castelao...