Entre o III Reich e os aliados: a Galicia que participou da II Guerra Mundial

A publicación cun conxunto de traballos sobre a época pódese descargar de balde no web do Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Entre o III Reich e os aliados: a Galicia que participou da II Guerra Mundial

O Consello da Cultura Galega publicou na rede o libro Entre o terceiro Reich e os aliados. Galicia e a Segunda Guerra Mundial, unha publicación que recolle as achegas de diferentes especialistas á xornada do mesmo nome celebrada en abril do 2021 na institución. De acordo co editor do volume, Luis Domínguez Castro, "Galicia non foi allea ao enfrontamento". A publicación está dividida en tres partes: "A Galicia do eixe" estuda o papel da colonia alemá en Vigo, os traballadores forzados na industria bélica alemá, os galegos da División Azul entre outros temas. Na "Galicia dos Aliados" os expertos detéñense nas redes de contrainformación de británicos, americanos e o vaticano destinados a combater a influencia nazi ou a preparar posibles escenarios bélicos, así como se explora a figura do xornalista Augusto Assía. Na terceira parte, os investigadores detéñense na pegada cultural da II Guerra Mundial, como por exemplo a súa presenza na literatura galega actual. Entre os participantes, están investigadores como Ramón Villares, Xosé Manuel Núñez Seixas, Emilio Grandío, Dolores Vilavedra ou Antonio Giráldez. A publicación pódese descargar de balde no web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con II Guerra Mundial, Consello da Cultura Galega, Emilio Grandío, Dolores Vilavedra...