AÃnda que España se definiu como 'estado non belixerante' na II Guerra Mundial, a súa posición no Atlántico, os seus recursos mineiros e a recente Guerra Civil fixeron que Galicia fose afectada e implicada no maior conflito bélico da historia da Humanidade. Para analizar as diferentes facetas desta implicación, un grupo de expertos participan na xornada "Galicia e a II Guerra Mundial" organizada polo Consello da Cultura Galega. A xornada está organizada en torno a tres paneis: "A Galicia do eixe", "EconomÃa e propaganda" e "Galicia e os aliados", que abordan a participación dos galegos no conflito, o impacto económico e social e tamén a súa presenza na creación cultural contemporánea. A xornada celébrase entre hoxe e mañá 14 de abril e os vÃdeos poden ser seguidos na rede, acompañados de relatorios en directo.