Un 25 de abril desde o miradoiro galego

As xornadas inclúen expertos galegos e portugueses

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Un 25 de abril desde o miradoiro galego

O Consello da Cultura Galega organiza hoxe a xornada "O 25 de abril e nós. Unha ollada galega", coordinada por Xosé Manuel Núñez Seixas. Na xornada, especialistas en historia contemporánea e comunicación de Portugal e Galicia "reflexionarán sobre as interaccións nos ámbitos político e cultural nas dúas bandas da raia". Deste xeito, a xornada iniciouse cunha conferencia do profesor da universidade do Porto Manuel Loff, sobre "História e memória da revolução dos cravos", seguida dunha intervención de Ramón Villares sobre "Transicións ibéricas: entre revolución e reforma", na que abordou o proceso en paralelo do final das dictaduras portuguesa e española, e no que o catedrático de Historia Contemporánea da USC aludiu á diferencia do seu punto de partida, cunha guerra civil no caso español. Sofía Ferreira fala sobre as relacións internacionais da esquerda portuguesa e o propio Núñez Seixas disertará sobre as relacións do nacionalismo galego co 25 de abril. Pola tarde, o xornalista Marcos Pérez Pena atenderá á presenza da Revolución dos Caraveis na prensa galega da Transición e o catedrático Emilio Grandío deterase na transición española. Para rematar, unha mesa de testemuñas do momento, con Xosé Fortes, Margarita Ledo e Arturo Reguera. A xornada pódese seguir en directo desde o web do CCG.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Fortes, Ramón Villares, Marcos Pérez Pena, Marcos Pérez Pena...