Recoller aqueles espazos fÃsicos ou mentais que funcionan como 'lugares de memoria' para Galicia é o propósito do proxecto 'Lugares de memoria'. Baixo a coordinación do catedrático de Historia Contemporánea Xosé Manuel Núñez Seixas, o proxecto parte de 75 'lugares' nos que recoñecidos expertos explicarán como foron contados e construÃdos ao longo do tempo, e que figuran nun catálogo dixital no web do CCG. Para darlle un punto de partida, o CCG acolle hoxe unha xornada na que participan os redactores das primeiras seis entradas, xa publicadas, do catálogo. Xurxo Ayán, do Instituto de História Contemporânea de Lisboa, abordará a relevancia do dolmen de Dombate. Seguiralle Emilio Insua, do IES de Vilanova de Arousa, coa súa intervención sobre a porta de Carlos V ou do Castelo da Ponte de Viveiro. O historiador da Universidade de Santiago de Compostela e expresidente do CCG, Ramón Villares, presentará unha reflexión sobre o monumento aos Mártires de Carral. Ana Cabana Iglesia, tamén da USC, falará do papel do volframio na historia galega, e pechará a xornada o propio Núñez Seixas cunha intervención sobre a Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires.
O CCG presenta o proxecto Lugares de memoria
Unha xornada e unha web exploran como se constrúe o pasado en Galicia
