Unhas xornadas analizan a participación dos artistas galegos na propaganda antifranquista da Guerra Civil

Celébranse na Fundación Seoane do 1 ao 3 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Fundación Luís Seoane acolle ata o 1 de abril de 2018 a mostra ao redor dunha obra fundamental da plástica galega do século XX: as Trece estampas da traizón, un álbum ilustrado con trece debuxos de Luís Seoane (e unha portada) elaborados para a campaña de propaganda no exterior feita pola II República durante a Guerra Civil. Os debuxos denuncian a represión do bando franquista. Para analizar o seu contexto histórico, do 1 ao 3 de febreiro, a Fundación acollerá a xornada Guerra Civil, propaganda e artistas da Galiza, coa participación de Silvia Longueira, Xusto Beramendi, Emilio Grandío, Daniel Buxán, Eliseo Fernández, Pilar García Negro, Paulo Porta ou María Antonia Pérez.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, Luís Seoane, Fundación Seoane, Pilar García Negro...