O CCG presenta unha publicación con 30 vidas de científicos

A publicación pódese descargar de balde no web do CCG

A publicación pódese descargar de balde no web do CCG
Ramón María Aller / Nuria Díaz
Hai matemáticas, astrónomos, médicos e xeólogos, desde o século XVIII ata o presente. Son biografías de 30 científicos e científicos do país que se caracterizan por deixar un importante legado de investigación en Galicia. O volume, que conta con fermosas ilustracións realizadas por Nuria Díaz co traballo de deseño de Ekinocio, pódese descargar do web do Consello da Cultura Galega de balde. A coordinadora da sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do CCG, Helena Vázquez Cendón, sinalou que as vidas e achados destes científicos serven "para facer ver os valores da ciencia ás novas xeracións". Un dos coordinadores da publicación, Xosé Antonio Fraga, sinalou que esta obra é unha das culminacións do Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega que permite publicar, desde aquí, culturagalega.gal, as biografías de 284 científicos do país. Fraga sinalou que se trata dun proxecto "sen comparación no Estado". A presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, destacou a vontade do CCG de xenerar produtos derivados para o seu uso no ensino e noutros ámbitos.