O Consello da Cultura Galega achegará todos os luns a biografía dos científicos máis relevantes do século XX

A ciencia ten álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Foron os protagonistas do modernización cultural e educativa de Galicia no primeiro terzo do século XX. Falamos de figuras como Roberto Nóvoa Santos ou Isidro Parga Pondal e que desde hoxe integran o “Álbum da ciencia”. Unha iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG) que nace para conmemorar o centenario da “Junta para Ampliación de Estudios”, entidade nacida no seo da Institución Libre de Ensino que financiou a formación dos científicos máis destacados do Estado. Cada luns, culturagalega.org achegará unha nova entrega dos que protagonizaron “unha verdadeira "alba de gloria" para a cultura de Galicia”, en palabras de Ramón Villares, Presidente do CCG.

Coñece o Álbum da Ciencia

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Consello da Cultura Galega, Culturagalega, Isidro Parga Pondal...