O CCG presenta o Álbum de Galicia

Parte con 504 biografías de temáticas e épocas moi variadas

9/1/2020 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
1 lecturas | Compartido 0 veces

Algúns dos seus rostros son ben coñecidos, e outros están esquecidos, pero todas as vidas representadas no Álbum de Galicia teñen relevancia para coñecer a historia do país. O Consello da Cultura Galega presentou esta tarde este proxecto que reúne as distintas coleccións biográficas dixitais que a institución leva publicando na rede desde o ano 2005, cando se fundou o Álbum de Mulleres, e que logo se estendeu temáticamente á ciencia, á emigración, á música, ás irmandades da fala ou mesmo coleccións moi específicas como os pensionados pola Junta de Ampliación de Estudios da República. Con esas 504 biografías de persoas xa falecidas, o Álbum de Galicia nace co propósito de se converter "na porta de entrada" do Consello da Cultura Galega a estas figuras. Entre as novidades, a conexión entre as biografías e os fondos documentais dixitalizados da institución, que permiten coñecer a moitos dos persoeiros no seu contexto social e cultural.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal