Compostela acolle un foro sobre muller e investigación mentres a Deputación da Coruña presenta unha mostra sobre científicas

Ciencia en feminino

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Representantes do Grupo Helsinqui sobre Mulleres e Ciencia participarán entre hoxe e mañá en Compostela no Foro sobre a Muller en Investigación e Sociedade que acolle a Facultade de Ciencias da Comunicación. Este evento quere analizar o proceso polo que, malia a ser maioría nas aulas universitarias, as mulleres só supoñen o 38,8% dos científicos e enxeñeiros do Estado. Pola súa banda, "A outra metade da ciencia" é o título da mostra que onte inaugurou a Deputación da Coruña. Esta proposta, que se pode ver no IES Puga Ramón da Coruña explica o traballo de diferentes estudosas ao longo da Historia.

Máis información no web da USC, en Galicia Hoxe, no web da Deputación; o noso Álbum de Mulleres e o noso Álbum da Ciencia

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Mulleres, Deputación da Coruña, Culturagalega...