O Parlamento de Galicia acolleu onte unha sesión da Comisión Especial non Permanente para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres. Ata alí se desprazou o Valedor do Pobo, José Ramón Vázquez Sandes, quen asegurou non ter constancia de que exista discriminación de xénero. Unhas palabras moi criticadas desde Vicepresidencia que lle pediu maior prudencia nas súas declaracións sobre este tema, así como unha maior información. Por outra banda, na comisión tamén compareceu Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, quen asegurou que aínda perdura a discriminación por sexo. Ademais, Villares aproveitou a ocasión para facer un recoñecemento do papel das mulleres na historia de Galicia.
Máis información sobre as comparecencias en Galicia Hoxe en El Correo Gallego e no noso Álbum de Mulleres