A Xunta presenta o V Plan de Igualdade para as mulleres namentres se suceden os actos de conmemoración do día da muller

O día M

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller. Para festexalo a axenda de políticos e colectivos cívicos está chea de actividades de todos os tipos. A Xunta presenta o V Plan de Igualdade para mulleres e traballadores que implicará transversalmente a todas as consellarías e estará en vigor ata 2010. A Marcha Mundial das Mulleres convocou unha manifestación baixo o lema “Compartir ou discriminar” que arrincará as 20:00 horas en Vigo. O Concello de Mos convoca un premio de investigación sobre a muller, e os de Caldas e Cuntis entregan galardóns a escolares polos seus debuxos e traballos de investigación sobre a igualdade de xénero.

Consulta a declaración institucional no web da Xunta; máis información no web da Marcha Mundial das Mulleres en Galicia, en El Correo Gallego, El País, na sección “No escáner” de Vieiros e o noso especial no Álbum de mulleres

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Igualdade, Vieiros, Vigo...