A Vicepresidencia da Igualdade e mais a ConsellarÃa de Cultura organizaron o Mes Violeta, toda unha serie de actividades que se desenvolverán ata o final do mes de marzo. O programa, que se presentaba onte na Casa Museo de RosalÃa de Castro, reivindica a toma de decisións das mulleres na sociedade mediante actos coma obradoiros, exposicións, conferencias ou representacións teatrais. Ao tempo, a fundación Iniciativas 21 prepara para este sábado unha homenaxe a 21 galegas pola súa traxectoria laboral e persoal. O acto contará coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Máis información sobre o mes violeta en Vieiros e no web da Xunta; máis sobre a homenaxe en Galicia Hoxe; o noso álbum de mulleres