Villares avoga pola definición de Galicia como nación cultural e política na súa comparecencia no Parlamento

A nación cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa hai data para o debate parlamentario sobre a reforma do Estatuto de Autonomía. É o vindeiro 29 de xuño, coincidindo coa fin do primeiro período de sesións, e farase nun pleno extraordinario, tal e como aprobou a Xunta de Voceiros do Parlamento. Precisamente onte compareceu na Cámara Galega o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, dentro das sesións de consultas previas. Villares incidiu na oportunidade histórica da reforma do Estatuto e na definición de Galicia en termos de nación, tanto cultural como política. Ademais, o presidente do CCG reivindicou o recoñecemento do galego como dereito e como deber.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega e sobre a súa comparecencia en La Voz de Galicia,en El Correo Gallego e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, Estatuto de Autonomía, El Correo Gallego...