Os xuíces rexeitan a obrigatoriedade do galego mentres reivindican o carácter estatal do Poder Xudicial

O galego, só por lei

16/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
As asociacións de fiscais, xuíces, maxistrados e secretarios xudiciais compareceron onte na comisión de estudo da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. Alí volveron manifestarse contrarios a que o galego se converta nunha obriga para o seu traballo. De feito, o presidente da Asociación de Fiscais, Guillermo García Panasco que segundo publica “La Voz de Galicia” é un andaluz que exerce nas illas Canarias, expuxo que situar o galego como un requisito rompería o “réxime xurídico unitario” do Estado.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Asociacións, Estatuto de Autonomía, El Correo Gallego...