¿Ata que punto vai ser unha obriga coñecer o galego? ¿Como se van defender os dereitos dos falantes do noso idioma? Estas e outras cuestións están a se debater no proceso de reforma do Estatuto de AutonomÃa, e ante a falta de acordo, o PSOE, o PP e o BNG acordaron crear unha comisión parlamentaria especÃfica sobre a lingua para buscar o consenso. Entre os temas máis debatidos está a negativa do PP a que a obriga de coñecer o galego se estenda alén de colectivos coma os funcionarios. Precisamente hoxe coñecemos a o anuncio do Ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla de que os funcionarios do Estado terán a obriga de responder en galego ás solicitudes que se lles fagan no noso idioma.
Máis información en
Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; en La Región e en Vieiros