O informe que o Consello Consultivo de Galicia realizou sobre a reforma do Estatuto de AutonomÃa recoñece a posibilidade de que sexa obrigatorio coñecer o galego. No entanto, o texto establece limitacións a este posible requisito, xa que indica que non considera que se poida impor esa obriga con carácter xenérico a todos os cidadáns por ser isto contrario á Constitución. De calquera xeito, e segundo recoñece o presidente Emilio Pérez Touriño, esta informe "abre camiño" para establecer o necesario coñecemento da lingua en ámbitos concretos coma a administración, a educación ou o Parlamento.
Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e en Vieiros