A reivindicación de que coñecer o galego sexa un deber e a presentación de novas iniciativas marcaron o Día das Letras 2006

Post letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Coñecer o galego ten que ser un deber, e así debe aparecer recollido no novo Estatuto de Galicia. Desde a masiva manifestación que organizou a Mesa pola Normalización en Santiago, na que participaron máis de cinco mil persoas tíñano claro. Tamén se pronunciou no mesmo sentido Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia, no acto oficial desta institución, en Sada. Recollendo estas reclamacións, o presidente Touriño apuntou que o noso idioma sairá reforzado no novo marco legal. Coincidindo con esta data, e ademais das iniciativas xa anunciadas, "La Voz de Galicia" presentaba un tradutor automático que permite ler o xornal en galego.

Máis información en Vieiros , no web da Mesa, en Galicia Hoxe en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, La Voz de Galicia, Xosé Ramón Barreiro, Estatuto de Galicia...