A Mesa pola Normalización celebra o seus vinte anos a reclamar un novo estatuto mentres Vieiros achega un servizo de tradución automática

Aniversario e novos espazos de lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A asemblea coa que celebrou os vinte anos da Mesa Pola Normalización Lingüística reuniu este sábado en Compostela varios centos de participantes entre os que se encontraban coñecidos nomes do mundo da cultura e mais da política. A organización aproveitou para chamar a sociedade a participar o vindeiro 17 de maio nunha mobilización para reclamar que o novo Estatuto garanta que coñecer o galego sexa un deber. Ao tempo, Vieiros lanzaba esta fin de semana o seu tradutor automático, que permite ler no noso idioma os principais xornais do Estado.

Máis información no web da Mesa; e en Vieiros

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Tradución, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística...