O Consello da Cultura potenciará no 2007 a función asesora e elaborará un novo informe sobre o proxecto do Gaiás

O Consello, para aconsellar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ramón Villares, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG) compareceu perante a Comisión de Economía do Parlamento para dar a coñecer as actividades que se farán co orzamento asignado para o vindeiro ano. Alí explicou que o CCG reforzará a súa actividade asesora con dous informes, un novo sobre a Cidade da Cultura (que se engaden aos xa feito sobre a Hemeroteca e a Biblioteca) e outro sobre a situación da cultura galega. Ademais, Villares fixo fincapé na realización de actividades en colaboración con outros organismos, institucións e universidades “para tecer e reforzar unha malla dende esta institución representativa da cultura galega”.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega e na prensa en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Gaiás, Ramón Villares, Economía...