AÃnda que sinala que a súa xestión será basicamente "continuÃsta", non dubida en anunciar que haberá cambios. Ramón Villares, novo presidente do Consello da Cultura Galega, adiantaba esta fin de semana en entrevistas a diversos medios galegos as liñas que pretende seguir no mandato que agora comeza. Facer un Consello "máis transparente", descentralizar as actividades e "reforzar a súa condición de casa da cultura e de lugar de encontro de iniciativas locais e da sociedade civil" son algúns dos obxectivos que se marca. Logo de que o seu nomeamento se fixese oficial na edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia, Villares tomará posesión do seu cargo o vindeiro xoves dÃa catro no Parlamento.
Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos