Sarmiento, a emigración e as políticas forestais, son algunhas das propostas que Ramón Villares adianta para o Consello da Cultura en 2007

CCG 07

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), adiantou esta fin de semana, na entrevista que reproduciron diferentes medios galegos, algunhas das propostas que a institución que preside abordará ao longo do vindeiro ano. Deste xeito, Villares anunciou para o vindeiro mes a ambiciosa "Obra dos 660 pregos" de Sarmiento. Para algo máis tarde, está previsto desenvolver unha ampla exposición dedicada ás sociedades galegas de emigrantes. Reforzar o traballo dos arquivos e "iniciar debates por unha cultura forestal nova, sobre o sentido da cultura..." son, segundo o académico e historiador, outras das propostas do CCG para 2007, que traballará para "ir facendo tecido con institucións e asociacións".

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Asociacións, Galicia Hoxe, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos