Industria e o Consello da Cultura colaboran en propostas de divulgación científica

Ciencia + cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Ciclos de conferencias, leccións maxistrais e publicacións dentro do ciclo “Cultura con Ciencia” son algunhas das actividades de divulgación científica que se desenvolverán a través da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e mais a Consellaría de Innovación e Industria. Dentro do protocolo de colaboración que se asinou recentemente inclúese tamén a finalización do Proxecto Sarmiento e a publicación do Álbum da Ciencia e da obra de Xurxo Mariño “Os dados do reloxeiro” en Culturagalega.org

Máis información no web do Consello da Cultura; web do Proxecto Sarmiento ; Álbum da Ciencia; Os dados do reloxeiro

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Culturagalega, Xurxo Mariño, Xurxo Mariño...