O Consello da Cultura Galega presenta o libro do científico Xurxo Mariño

O reloxo da ciencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Xurxo Mariño (Lugo, 1969) presentou hoxe (12:00 horas) no salón de actos do Consello da Cultura Galega o seu libro “Os dados do reloxeiro: ciencia amena para mentes inquietas”. Un libro divulgativo que recolle unha escolma das columnas quincenais sobre ciencia e tecnoloxía que publica desde o 2002 en Culturagalega.org. Xurxo é profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación NEUROCOM dedicado á investigación sobre o sistema nervioso e de terapias para mellorar o control motor en pacientes con enfermidades coma o Párkinson. Co seu traballo, Xurxo pretendeu afondar nalgunhas cuestións científicas que afectan á nosa vida diaria.

Consulta as columnas aquí e sobre a presentación no web do Consello da Cultura Galega. Podes descargar o libro aquí

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ciencia, Culturagalega, Xurxo Mariño...