Despois do seu controvertido nomeamento, o novo director dos Museos Científicos coruñeses, Xosé Antón Fraga, explícanos cales serán os obxectivos da súa nova etapa. Para Fraga, "debemos manter o nivel aceptable e mesmo excelente destes vinte anos pero fuxindo da rutina e da autocomplacencia". Segundo o novo director, "queremos que os centros teñan un carácter máis global e desenvolver cuestións relacionadas coa investigación e coa docencia". O divulgador desexa continuar profundizando na relación entre os centros e a cidade pero quere unha ollada máis ampla: "os museos deben potenciar a ciencia galega e o conxunto de actividades do país. É moi positivo que se coñezan aos científicos galegos".
Xosé Antón Fraga:"Os Museos Científicos da Coruña deben potenciar a ciencia galega"
Novos tempos para os museos
16 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
