A polémica acompaña o nomeamento do novo director dos museos científicos coruñeses

Dosier: Museos científicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Onte era a sinatura de 29 responsables de museos españois cuestionando o novo director dos Museos Científicos Coruñeses, Xosé Antonio Fraga Vázquez. Hoxe, La Voz de Galicia continúa coa cuestión revelando que un informe, realizado “por un gabinete xurídico en Madrid” cuestiona o sistema de nomeamento do responsable destes centros. A Asociación de Amigos dos Muesos tamén se amosou alarmada pola aptitude do pretendente a sucede a Ramón Núñez. Desde a Concellaría de Cultura da Coruña, responsable do proceso de remuda, sinalaron que este é completamente legal e que é semellante ao que se seguiu no caso de Núñez. Para saber algo mellor cal é o eixe de toda esta polémica, achegámoste o noso dosier con toda a información sobre estes centros.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museos Científicos Coruñeses, Ramón Núñez, La Voz de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares