Demo editorial publica Sen mirar atrás, de Dani Montero

A obra foi galardoada co V Premio Castelao de BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Demo editorial publica Sen mirar atrás, de Dani Montero

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, presentaba onte a edición de Sen mirar atrás a obra coa que Dani Montero gañou a V edición do Premio Castelao de Banda Deseñada. Desta volta é Demo Editorial quen se encarga da publicación da obra, prevista nas bases e que conta co apoio da Deputación. Sen mirar atrás sairá á venda cunha tiraxe de 2.000 exemplares en galego e 1.000 en castelán. Miguelanxo Prado, comisario do premio, destacou que a historia de Montero "mantén a intriga ata as últimas follas", e que se trata "dunha narración ben construída e axilmente contada, cun interesante personaxe secundario que medra habilmente nun sengundo plano”. A coincidir con esta presentación, a Deputación publicou unha modificación nas bases do VI Premio Castelao, polo que o fallo do mesmo non se coñecerá ata o cuarto trimestre deste ano.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Demo, Demo Editorial, Miguelanxo Prado...