A Deputación da Coruña retira da rede a obra gañadora do último Castelao

A man do diaño, de Brais Rodríguez publicárase esta mañá de xeito íntegro

5/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
24 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de A man do diaño na edicion de Demo Editorial

O web da Deputación da Coruña acollía esta mañá o pdf íntegro de A man do diaño, obra coa que Brais Rodríguez gañou o VI Premio de banda deseñada Castelao, convocado por esta entidade. No entanto, a última hora, o web da entidade retirara tanto a ligazón como o arquivo onde estaba dispoñible a obra. Malia a que as bases do premio recollen que a "a Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial", esta era primeira vez que a entidade realizaba unha edición en rede dun traballo premiado. Dáse ademais a circunstancia de que a obra xa se publicara, co apoio da Deputación, da man de Demo Editorial na nosa lingua. O autor recoñecera non ter coñecemento desta publicación.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas