Brais Rodríguez faise co VI Premio Castelao de BD

A obra A man do diaño valeulle o galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

O VI Premio Castelao de Banda Deseñada, que organiza a Deputación da Coruña ten xa gañador. Brais Rodríguez levará os 6.500 euros de premio pola súa obra A man do diaño, que será tamén publicada a cargo da institución. Segundo explicou Miguelanxo Prado, comisario do certame, Rodríguez presenta unha historia utópica e ucrónica na que fai un alegato contra as guerras empregando un estilo que emparenta coa máis recente BD europea.

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, tamén entregou o pasado sábado os galardóns correspondentes ao certame de cómic A medias que se convocou con ocasión do día da muller traballadora. Begoña Sanz Fonseca (1993) fíxose co primeiro premio, consistente nun ordenador portátil e un lote de libros. Xulia Pousa Dorado (1994) e Jesús Blanco Castro (1994) levaron cadanseu lote de libros no mesmo certame.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Brais Rodríguez, Miguelanxo Prado, Deputación da Coruña...