Astiberri publicará en castelán A man do diaño e mais o novo de Lola Lorente

O festival acolle tamén a presentación do segundo número de Fiz e do Retranca 32

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de La mano del diablo

Capa de La mano del diablo

A man do diaño a obra coa que Brais Rodríguez gañou o premio Castelao, verá a luz en castelán da man da editorial Astiberri. O festival Viñetas desde o Atlántico acollerá, o 12 de agosto de 12.00 a 13.00h, a presentación simultánea desta edición e mais a de Demo Editorial en galego. Astiberri tamén publicará o vindeiro mes de outubro Sangre de mi sangre novela gráfica da debuxante valenciá e afincada na Coruña Lola Lorente. Finalmente, en Viñetas tamén se poderá ver o segundo número da revista infantil Fiz e o 32 da revista humorística Retranca.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astiberri, Retranca, Fiz, Castelao...