Kiko da Silva faise co IX Premio Castelao de BD

O inferno do debuxante valeulle os 6.500 euros do premio da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Kiko da Silva faise co IX Premio Castelao de BD

A Deputación da Coruña daba a coñecer onte o resultado da IX Edición do Premio Castelao de Banda Deseñada. O debuxante vigués Kiko da Silva fíxose cos 6.500 euros do premio desta xeira e verá publicada a súa obra O inferno do debuxante. O traballo de Da Silva narra os problemas de Manuel Pardo, un debuxante que nunca consegue publicar porque descobre que outros tiveran antes as súas mesmas ideas.

O xurado apuntou a alta calidade das obras que se presentaron a esta edición do premio, un total de trece que supoñen unha marca na historia do certame. Diego Calvo, María Padín, Carlos Portela, Ángel de la Calle, Miguelanxo Prado e mais Mercedes Fernández-Albalat foron os responsables da selección.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Kiko da Silva, Deputación da Coruña, Premio Castelao de Banda Deseñada...