Saen á venda os últimos Premios Castelao de banda deseñada

Mariano Casas asina El nuevo ídolo de Marc

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Saen á venda os últimos Premios Castelao de banda deseñada

A Deputación da Coruña acaba de lanzar a edición en galego de O inferno do debuxante, a obra coa que Kiko da Silva gañaba en 2014 o Premio Castelao de Banda Deseñada. A obra xa fora publicada en castelán pola editora Dibbuks. En paralelo, Fernando Llorente, autor que se fixo co galardón o pasado ano, autoeditou a versión en castelán de La carreta del Diablo, a obra gañadora. Pola súa banda, Mariano Casas acaba de publicar na rede El nuevo ídolo de Marc, unha historia sobre a ética no deporte que ve a luz no marco do proxecto universitario Iris.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Mariano Casas, Kiko da Silva, Premio Castelao de Banda Deseñada...