Polaqia fecha a súa actividade coa edición dun compilatorio de Jano

Tamén lanza o Sketchbook 6, dedicado a Alberto Guitián

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de 3x1, de Jano e Mena

Capa de 3x1, de Jano e Mena

Xa se coñecen os títulos cos que o colectivo de autores de banda deseñada Polaqia fecha a súa actividade. En primeiro lugar, sae 3x1, de Jano e Ricardo Mena. O álbum, con 64 páxinas a branco e negro e a cor, recolle historias dos personaxes Macho Alfa, Kuka e Viva la muerte, realizados por Jano en solitario ou co mentado guionista e que xa viron a luz en diferentes publicacións. A obra chegará en breve ás librarías a un prezo de oito euros, sendo o número 4 da colección Rompehielos. Como segunda proposta, publican o sexto número da colección Sketcbook, centrado desta volta en bosquexos e ilustracións de Alberto Guitián. A obra, de 48 páxinas, sae á venda por 5 euros.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Alberto Guitián, Banda deseñada

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos