Recoñecementos en Grecia para 'O que arde' e o seu protagonista, Amador Arias

O festival internacional de Tesalónica dálle os premios a mellor longametraxe e mellor actor

O festival internacional de Tesalónica dálle os premios a mellor longametraxe e mellor actor
Amador Arias no seu papel en 'O que arde' Foto: NUMAX distribuidora
A película O que arde de Óliver Laxe suma e segue no seu paso triunfal polas slas de proxección e os certames. Ademais do éxito que supón para unha película independente e en galego o importante número de espectadores acadados desde a súa estrea en salas en España, superando actualmente os 50.000, o filme segue o seu percorrido en festivais e sacando recoñecementos. Neste caso foi o xurado da 60ª edición do festival grego de Tesalónica, o Thesaloniki International Film Festival que achou na produción a Mellor Longametraxe da súa competición oficial internacional e ademais recoñeceu a interpretación de Amador Arias, o protagonista, co premio ao Mellor Actor masculino. Estes éxitos de crítica e público son bos augurios do que poida pasar coa película de cara aos postos finalistas dos Premios Goya nos que busca opcións en 15 categorías e cuxos finalistas, os dará a coñecer a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España o vindeiro 2 de decembro. O posible protagonismo desta produción independente na vindeira entrega de dos Premios Mestre Mateo do cine galego xa se dá tamén por suposto arestora.