Oito museos de temática mariñeira da Costa da Morte e da RÃa de Muros e Noia acaban de se integrar na Rede de Espazos MuseÃsticos Atlánticos (REMA). O Museo Marea Memoria Mariñeira de Porto do Son, a Fábrica de Sel e o MuÃño de Mareas de Muros, o Museo da Pesca de Fisterra, o Museo do Mar de Laxe, o Ecomuseo Forno do Forte de Malpica, o Museo de Man de Camelle e o Arquivo da Pesca da ConfrarÃa de Caión son os que fan parte desta iniciativa. Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte e o Seo de Fisterra e RÃa de Muros e Noia/Costa Sostible promoven esta iniciativa con partidas Fondo Europeo MarÃtimo e de Pesca e no marco do proxecto europeo Morada Atlántica. A proposta pretende coordinar as propostas destes espazos, que segundo recoñece a propia presentación do proxecto "presentan importantes limitacións como o seu reducido espazo dispoñible, os seus exiguos fondos patrimoniais, o seu case inexistente potencial atractivo e divulgativo e a súa escasa promoción".
En último termo, a REMA propón crear "un museo a grande escala, cos mesmos obxectivos e metas que cada institución individual pero multiplicando o seu potencial e oferta ao aproveitarse os recursos de cada un". Promoción conxunta, partilla de fondos patrimoniais para exposicións e establecer unha ruta conxunta son algúns dos obxectivos da nova entidade. Como primeiro paso, está a xirar por varios destes espazos a mostra A saga do bacalhau, que logo de parar en Camelle poderá verse na Fábrica de Sel de Muros entre o 6 e o 26 de xullo.