A rodaxe no ano 1998 do filme 'A lingua das bolboretas' de José Luis Cuerda, baseado na novela homónima de Manuel Rivas, ven de servir como motivo para incluÃr a vila de Allariz na lista peninsular de Lugares de Interese Cinematográfico - LIC. Representantes de oito Academias de Cine e Audiovisual da penÃnsula presentaron no marco do OUFF os lugares seleccionados este ano coa distinción. As academias recoñecen con esta distinción os lugares que teñen unha especial importancia para a industria audiovisual, tanto polo seu valor histórico como pola súa relevancia na produción cinematográfica ou o seu significado simbólico. O obxectivo desta distinción é destacar a riqueza cultural e audiovisual destes lugares, asà como promover a conservación e posta en valor destes espazos que xogaron un papel fundamental na construción da identidade audiovisual da penÃnsula. A localidade ourensá é a representante galega deste ano a instancias da Academia galega do Audiovisual, nun listado que tamén inclúe o Casco histórico de Córdoba, o castelo de Loarre, o Xixón de Volver a empezar', os Estudios Balcázar, Cáceres como Conxunto Histórico e Monumental, o café Vá-Vá lisboeta e a localidade de PeñÃscola. Estes lugares engádense a unha lista comezada o pasado ano e na que xa figuraba por Galicia a aldea de Facós en Lobeira (Ourense), onde en 1940 tivo lugar a rodaxe da pelÃcula documental do cineasta ourensán Antonio Fernández-Román con guión e produción de XaquÃn Lorenzo 'Xocas', 'O carro e o home'.
O anuncio dos Lugares de Interese Cinematográfico inaugurou o VIII Encontro de Academias de Cine e Audiovisual, que se celebrará ata o 3 de outubro dentro do marco do Festival de Cine de Ourense. Neste evento participan representantes da Academia Galega do Audiovisual, que actúa como anfitrioa, asà como da Academia de Cine de AndalucÃa, Academia Aragonesa de Cine, Acadèmia de Cinema Català , Academia de Cine de Extremadura, Academia Portuguesa de Cinema e Acadèmia Valenciana de lÂ’Audiovisual. A Academia Galega do Audiovisual escolleu Allariz por "a súa estreita relación co mundo do cine" grazas a ser escenario principal da pelÃcula 'A Lingua das Bolboretas', dirixida por José Luis Cuerda e protagonizada por Fernando Fernán Gómez e Manuel Lozano . "Alén das súas fermosas paisaxes, a pelÃcula tivo un profundo impacto na vida dos seus habitantes, que participaron activamente no desenvolvemento da rodaxe, cuxa estrea se celebrou hai 25 anos", explica a Academia. A pelÃcula tivo outras localizacións para a súa rodaxe, como o casco vellode Pontevedra, entre outros sitios.