Representantes de oito Academias de Cine e Audiovisual da penÃnsula presentaron no marco do VIIº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual, que se celebra estes dÃas en Ourense coincidindo co OUFF o novo distintivo 'Lugares de Interese Cinematográfico – LIC' e revelaron os oito espazos designados nesta primeira edición, un deles en terras galegas. A distinción LIC recoñece espazos de especial relevancia para a industria audiovisual, xa sexa polo seu valor na produción fÃlmica, a súa importancia histórica ou o seu significado simbólico. No caso do enclave galego, o primeiro LIC da nosa terra corresponde á aldea de Facós, en Lobeira (Ourense), lugar onde en 1940 tivo lugar a rodaxe da pelÃcula documental do cineasta ourensán Antonio Fernández-Román con guión e produción de XaquÃn Lorenzo 'Xocas', 'O carro e o home', que tivo dúas versións, unha delas a orixinal en castelán como "El hombre y el carro".
"O carro e o home" considérase a primeira pelÃcula aÃnda conservada que pode representar ao cinema rural de Galicia. Achégase á vida no rural a través do carro, un sÃmbolo da cultura material que Xocas tiña ben estudada. AsÃ, os 100 planos que compoñen o documental, achéganse á vida da aldea de Facos e a súa contorna gravándose sen prexuÃzos, senón de xeito aséptico, a través do ciclo de vida dun carro: da súa construción á súa desaparición. Sendo este carro un pretexto para amosar con absoluta nitidez a malla, o liño... aquelas tarefas da vida cotiá da aldea ourensá. A pelÃcula tiña como grande acerto o achegamento á vida campesiña cunha dignidade e un rigor que xa avanzara o creador do cine documental Robert Flaherty en pelÃculas como "Nanook: o esquimal (1922)" ou "Os homes de Arán"(1934). Filmes que Antonio Roman coñecÃa da súa estadÃa en Madrid. "O carro e o home" e "El hombre y el carro" non son a versión en galego e en castelán do mesmo filme, senón que son dúas versións co mesmo material rodado que se produciron en momentos diferentes, como dá conta desta e doutras historias sobre a súa filmación o lucense Pepe Coira no seu libro "No verán de 1940" (Biblos, 2004). Un copión do filme, aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense e conservado no Museo do Pobo Galego que ten os dereitos da obra intelectual de XaquÃn Lorenzo, serviu para que en 1980, Eloi Lozano montara unha nova versión do documental. Esta segunda versión, conta cunha locución en galego do propio Xocas, xa que a da primeira montaxe fora realizada por Carlos Serrano de Osma en 1945, en plena ditadura franquista.
As academias peninsulares que compoñen a unión que concede este distintivo son a Academia Galega do Audiovisual; Academia de Cine de AndalucÃa; Academia Aragonesa de Cine; Academia de Cine Asturiano; Acadèmia de Cinema Català ; Academia de Cine de Extremadura; Academia Portuguesa de Cinema e Acadèmia Valenciana de lÂ’Audiovisual. Ademais do lugar ourensán, entre os outros sete LIC designados está o Deserto de Tabernas (AlmerÃa); Sos del Rey Católico (Zaragoza); Llanes (Asturias); LÂ’Albufera (Valencia); Colexiata de Sant Vicenç de Cardona (Barcelona); Guadalupe e o Xeoparque de Villuerca-Ibores-Jara (Cáceres) e máis Tóbis Portuguesa (Lisboa). Esta distinción resalta a riqueza cultural e cinematográfica de cada territorio e fomenta a preservación e promoción destes espazos que contribuÃron de maneira significativa á historia e á identidade audiovisual da penÃnsula