Kyr4, The Rapants, Boyanka Kostova, Eladio y Los Seres Queridos, Mad Martin Trio e De Ninghures son as bandas e artistas de Galicia que forman parte do cartel ata xuño de 2026 da programación de AIEnRUTa-Artistas, un consolidado circuÃto de concertos de alcance estatal. Grazas a un acordo de patrocinio, a Xunta garante a presenza de tres intérpretes ou bandas da nosa Comunidade en cada semestre de programación como acción estratéxica para a promoción exterior da música galega. Galicia súmase asà a Madrid, Cataluña e PaÃs Vasco para contar cun foco propio no marco do programa AIEnRUTa-Artistas, de xeito que os grupos da nosa Comunidade foron seleccionados por un comité experto de entre a trintena de propostas galegas presentadas nas correspondentes convocatorias semestrais de AIE.
Como parte do cartel desta segunda metade de 2025, The Rapants ofreceu xa o primeiro dos seus concertos o pasado 19 de setembro en León. A continuación, a banda de Muros actuará en Barcelona o 25 de outubro, Valladolid o 13 de novembro e Madrid o 15 dese mes, para continuar presentando en directo os temas de 'La máquina del buen rollo', o seu último traballo. Pola súa banda, a artista coruñesa de música urbana Kyr4 estará en Cáceres o 24 de outubro, Zaragoza o 7 de novembro, Zamora o 28 de novembro e Málaga o 12 de decembro, mentres que o dúo compostelán Boyanka Kostova levará a súa proposta retranqueira, que mestura os sons máis contemporáneos co tradicional, ata Sevilla o vindeiro dÃa 18, Murcia o 14 de novembro, Barcelona o 28 dese mes e Oviedo o 19 de decembro.
Ao tempo, AIEnRUTa desenvolverá ata final de ano 15 actuacións de grupos doutras Comunidades en oito salas galegas: A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro, Garufa Club da Coruña, Clavicémbalo e Tebras de Lugo, Café Cultural Auriense de Ourense, A Casa das Crechas de Santiago de Compostela, e La Pecera e Radar Estudios de Vigo. Nesta presentación, adiantouse tamén o nome dos tres grupos galegos que xirarán entre xaneiro e xuño de 2026: Eladio y Los Seres Queridos, veterano grupo vigués que cumpre 20 anos sobre os escenarios; Mad Martin Trio, considerado un dos máximos expoñentes do rock clásico e rockabilly da escena estatal, e De Ninghures, que é unha das bandas de referencia do novo folk galego.