Mañá comeza nas 'Noites temáticas' da canle G2 o ciclo "Galicia emerxe", unha colaboración entre a CRTVG e Agadic para a difusión de concertos de destacados grupos galegos para "facer accesible a cultura a toda a cidadanÃa galega e pretende ser un xeito de manter viva e en constante renovación a oferta musical". tras as emisións dos mércores na G2, os espectadores poderán ver os concertos os sábados ás 10.40 na primeira canle e tamén os sábados, a partir das 22 horas, na Radio Galega Música. Os concertos, gravados no Museo Centro Gaiás, inclúen a artistas como Mercedes Peón (a que inaugura o ciclo), Xoel López, Boyanka Kostova, A Banda da Loba, Sés, Luar na Lubre, Wöyza, Budiño, Rodrigo RomanÃ, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Susana Seivane, UxÃa, Eladio y los Seres Queridos e De Vacas