As últimas achegas do Ano Castelao

Un audiolibro que reúne 'Retrincos' e 'Un ollo de vidro' e unha exposición na Coruña sobre a consecucións do Estatuto poñen o colofón a un ano de actividades

Un audiolibro que reúne 'Retrincos' e 'Un ollo de vidro' e unha exposición na Coruña sobre a consecucións do Estatuto poñen o colofón a un ano de actividades
Presentación do audiolibro na Cidade da Cultura de Galicia
A piques de rematar o Ano Castelao aínda quedan algunhas propostas que veñen engadir posibilidades de achegamento ao coñecemento da vida e obra do escritor, ilustrados e político rianxeiro. É o caso da exposición titulada 'Camiño ao Estatuto, Castelao e máis, que ven de abrir a Biblioteca de Estudos Locais de A Coruña na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga 10). Nesta mostra que usa dos fondos bibliográficos propios da biblioteca homenaxease ao rianxeiro no seu 75 cabodano amosando o longo camiño andado para conseguir a autonomía para Galicia. Ademais disto a Xunta ven de presentar, tamén como remate do Ano Castelao o audiolibro 'Retrincos. Un ollo de vidro', unha iniciativa do goberno galego con motivo desta efeméride e materializada pola Editorial Galaxia. Este audiolibro reúne dous títulos fundamentais que, segundo apuntou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, López Campos, "fan a Castelao un mestre da prosa galega e onde aflora o seu humor afiado e a critica social que o acompañou durante toda a súa vida". Así, en 'Retrincos', atópanse anacos autobiográficos convertidos en contos, mentres que 'Un ollo de vidro' foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor. O obxectivo é que este tipo de material estea dispoñible nas principais plataformas de venda de libros e formato dixital, á vez que se van incorporando á Plataforma de Préstamo Dixital GaliciaLe, posta en marcha polo Goberno autonómico.