Fantoches Baj estrea 'Castelao. Un corazón á intemperie'

A Biblioteca de Galicia no Gaiás acolle este sábado a representación para público infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosEstreas
Compartir:
Fantoches Baj estrea 'Castelao. Un corazón á intemperie'

Con motivo do Día do Teatro a compañía Fantoches Baj estrea este sábado na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura ás 18:00 hrs. A montaxe 'Castelao. Un corazón á intemperie'. Nela a compañía de teatro de monicreques e máscaras adapta para público infantil unha situación real que se deu tras da morte de Castelao en 1950. Daquela o dramaturgo Daniel Varela Buxán decidiu render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro. A obra, dirixida a cativada a partir de 6 anos, detense nos momentos literarios e artísticos máis significativos da vida de Castelao cunha linguaxe adaptada a nenos e nenas. Esta peza escénica representa con marionetas parte da obra do autor: contos de 'Cousas'; narracións de 'Retrincos', escenas de 'Os vellos non deben namorarse' e o monólogo do esqueleto en 'Un ollo de vidro'. Esta proposta, que ve a luz no 75 aniversario da morte de Castelao, pretende, ademais, contribuír á normalización e difusión da lingua nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As últimas achegas do Ano Castelao

As últimas achegas do Ano Castelao

Un audiolibro que reúne 'Retrincos' e 'Un ollo de vidro' e unha exposición na Coruña sobre a consecucións do Estatuto poñen o colofón a un ano de actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Fantoches Baj, Biblioteca de Galicia, Morte...