Como primeiro dos actos do Ano Castelao a Deputación de Pontevedra presentaba onte a versión de Os vellos non deben de namorarse da compañÃa Fantoches Baj. A compañÃa de Inacio Vilariño adapta por vez primeira aos tÃteres o texto clásico do rianxeiro nunha grande produción que inclúe corenta bonectos, dez espazos escénicos e doce pezas musicais, entre elas tres que se conservan nas partituras orixinais de Castelao. Ademais de Vilariño, o espectáculo conta con outros tres manipuladores, Luis Javier Iglesias Rodríguez (Luchi), María Teresa Rodríguez Castiñeiras (Tero) e Gabriel Penabade Outeiro (Lucho), asà como coa contribución de corenta músicos de LalÃn baixo a coordinación de Benxa Otero.
Segundo explica a compañÃa, nesta montaxe "o deseño dos monicreques e escenografía segue punto por punto os deseños feitos por Castelao". A estrea da obra será no Museo de Pontevedra ás 12 horas do sábado 30 de xaneiro. Esa mesma tarde, ás 20:30 horas poderá verse en rianxo, e para o 1 de abril está prevista unha representación en LalÃn.