Fantoches Baj estrea Os golfiños e o xigante

O festival Galicreques acolleu a estrea da obra vencedora do XII Premio Barriga Verde

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Imaxe de presentación de Os golfiños e o xigante

Imaxe de presentación de Os golfiños e o xigante

Compostela acollía o pasado domingo, no marco do Festival Galicreques, a estrea do último traballo de Fantoches Baj. Os golfiños e o xigante é un espectáculo de sombras chinesas baseado no texto homónimo co que Inacio Vilariño obtivo en 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. A obra conta unha historia real, a do xigante Bao Xi Shun, considerado polo Libro Guiness dos Records o home máis alto do planeta, que conseguiu, grazas ó seu longo brazo, salvar uns golfiños dunha morte certa. Inacio Vilariño, Larraitz Urruzola e Luchi Iglesias levan a escena esta fábula que conta con música de Benxa Otero. O Auditorio Municipal de Ourense, o 29 de novembro, e Fórum Metropolitano da Coruña, o 29 de decembro, son as vindeiras datas previstas para o espectáculo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fantoches Baj, Galicreques, Espectáculo, Morte...