Fantoches Baj estrean 'Auga que non vas beber' en O Barco

O texto no que se basea foi premio Barriga Verde de teatro de monicreques para adultos en 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Almudena Vidal e Inacio Vilariño, dan vida a diversos personaxes    Foto: Urdime Comunicación

Almudena Vidal e Inacio Vilariño, dan vida a diversos personaxes Foto: Urdime Comunicación

A compañía teatral Fantoches Baj estreará este venres, 21 de setembro, no Teatro Municipal Lauro Olmo de O Barco a súa nova produción, dirixida a público adulto, Auga que non vas beber.... Dous actores, Almudena Vidal e Inacio Vilariño, dan vida a diversos personaxes nunha singular proposta que engarza o teatro, os monicreques para adultos, a música e a narración oral. Auga que non vas beber baséase no texto de Inacio do mesmo nome, premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na categoría de adultos en 2010. Trátase “dun recital satírico para monicreques” dunha hora de duración onde “salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada”, tal e como explica a propia compañía. Nesta obra, cuxa posta en escena inspírase na figura do cego con monifates, Inacio Vilariño (autor e director) encarna os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé, e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Fantoches Baj, Narración oral, Contos...