Sae a edición en francés de Un ollo de vidro

A editora Les Foundiers de Briques publica a tradución de Vincent Ozanam da obra de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de Un oeil de verre

Capa de Un oeil de verre

Xa está a venda, da man da editora francesa Les Foundiers de Briques, Un oeil de verre, versión en francés da obra Un ollo de vidro de Castelao. Vincent Ozanam é o responsable da tradución que viu a luz o pasado mes de outubro e está á venda por doce euros. Antes desta obra unicamente viran a luz en francés As cruces de pedra na Bretaña, o conto Chamábanlle a Marquesiña e edicións das Estampas de guerra, segundo os datos do Catálogo de obras literarias en lingua galega traducidas para outros idiomas do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Tradución, Guerra, Lingua galega...

Claves

Protagonistas
Lugares