A Xunta inaugura en Pontevedra unha exposición itinerante sobre Castelao

Conmemora os 125 anos do nacemento de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Xunta inaugurou na Biblioteca Nodal de Pontevedra a exposición Castelao, co obxectivo de amosar a vida e a obra do intelectual e político rianxeiro. A mostra, concebida para ser un contido itinerante entre bibliotecas nodais e centros escolares, está composta por sete paneis con desenvolvemento teórico e complementada con sistemas interactivos e música ambiental galega que explican a súa obra e personalidade. A exposición está promovida pola Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Pontevedra, Bibliotecas, Política Lingüística...