A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica presentaba na mañá deste 16 de marzo a XII edición de FalaRedes, o programa da Rede de Dinamización LingüÃstica orientado ao público máis novo. A xeira deste 2023 bota a andar cunha primeira montaxe escénica, Castelao: Daniel no Peirao, que se presenta como "a primeira obra sobre o autor de Rianxo dirixida á infancia" e que está protagonizada polo propio polÃtico rianxeiro cando tiña dez anos.
Con texto de Paula Carballeira e dirección de Fina Calleja, as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño levan a escena esta obra na que se representa "unha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai". Elementos fantásticos e referencias á obra do ilustre galeguista intégranse nunha proposta chea de ritmo, humor e intriga e que está producida por Culturactiva.
A obra estréase o vindeiro domingo 19 ás 12,00 h no Auditorio Constante Liste de Teo. Despois iniciará unha xira que a levará a visitar O Barco de Valdeorras (Auditorio Lauro Olmo) o 31 de marzo ás 19,30 h; Viveiro (Teatro Pastor DÃaz) o 14 de abril ás 18,00 h; Boiro (Casa da Cultura Ramón MartÃnez López) o 15 de abril ás 19,00 h; Vilalba (Auditorio Carmen Estévez) o 16 de abril ás 18,00 h; VilagarcÃa de Arousa (Auditorio Municipal) o 22 de abril ás 18,00h; O Porriño (Centro Cultural) o 28 de abril ás 17,00 h; Monforte de Lemos (Edificio Multiúsos) o 29 de abril ás 18,00 h e Porto do Son (Casa da Cultural de PortosÃn) o 30 de abril ás 19,30 h.
Ao longo do ano a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica incorporará novos contidos escénicos e de ocio para o público máis cativo no marco deste programa, nado cos obxectivos de "ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela".