A Xunta inaugura unha exposición itinerante sobre Antonio Fraguas

Está composta por paneis que explican a vida e obra do homenaxeado

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas 2019Exposicións
Compartir:

Titúlase "Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma" e está composta por un cuadríptico e doce paneis que explican a vida e obra, o itinerario de coñecemento e biografía de Antón Fraguas, o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, así como o contexto político, social e cultural no que se desenvolveu. A Xunta inaugurou a mostra na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela o pasado luns, onde se poderá visitar antes de iniciar un camiño por diferentes concellos galegos, como Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e, da man da Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Santiago de Compostela, Antón Fraguas, Ánxel Casal...