Cerdedo-Cotobade inicia as homenaxes a Antonio Fraguas

O concello inaugurará unha placa na casa natal do homenaxeado co Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A inauguración dunha placa na súa casa natal marca o comezo das actividades que o concello de Cerdedo-Cotobade lle dedica este ano a Antonio Fraguas. Será o vindeiro domingo 13 de xaneiro cando unha comitiva composta por autoridades locais, representantes da fundación do homenaxeado, da editorial Galaxia, da consellaría de Cultura ou da Real Academia Galega participen neste acto, previsto para as 13 horas. A placa que se instalará na casa de Insuela, na parroquia cotobadesa de Loureiro, lembra o lugar de orixe do homenaxeado co Día das Letras deste ano.

Este será o primeiro dos actos dun programa que o concello anunciará en breve e que prevé "dar a coñecer a figura de Fraguas en todos os eidos con actividades moi pegadas á rúa e á xente", segundo adiantou o rexedor local Jorge Cubela.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cotobade, Antonio Fraguas, Cerdedo, Real Academia Galega...